COLEGIO BELÉN educando para el futuro

Fondo Libros 2021/2022

Na ORDE do 6 de maio de 2021 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_gl.html
BENEFICIARIAS
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.
PRESENTACION DAS SOLICITUDES
* De xeito telemático: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021
* De xeito presencial: de 09:00 a 10:00 de luns a venres pola porta principal, último día o martes 22 de xuño.

 

DOCUMENTACIÓN

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13492459
– Solicitude debidamente cuberta e asinada. ( unha solicitude por familia)
– Copia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.
– No caso de discapacidade, certificación no caso de non ser expedido pola Xunta de Gallicia
– No caso de separación ou divorcio, sentencia e convenio regulador.
– Será requisito para acollerse a esta convocatoria ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas de curso 2021/2022, agás 1º e 2º de Primaria, por ser libros non suxeitos a devolución.
 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES
Ata o 22 de xuño de 2021
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS
As listas provisionais publicaranse o día 1 de xullo.
PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS
O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 2 e 5 de xullo.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS
As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 8 de xullo.
RECOLLIDA DOS VALES
1º e 2º Primaria: luns 12 de xullo ou xoves 2 de setembro de 10 a 13 h 3º e 4º Primaria:martes 13 ou venres 3 de setembro de 10 a13 h 5º e 6º Primaria: mércores 14 ou luns 6 de setembro de 10 a 13 h
Os libros adxudicados do fondo SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO ao comezo das clases en setembro.
* Estes prazos poderián variar en función do funcionamento das aplicacións informáticas da Consellería ( informarase por Tokapp)